O CFR de Vigo conta cunha biblioteca especializada en educación ao servizo de todo o profesorado do ámbito. Comunican aos centros que nestes momentos están a reorganizar os fondos clasificándoos por contidos para facilitar o acceso aos mesmos aos usuarios da biblioteca. Están xa clasificados e, polo tanto, é posible a consulta directa dos fondos de ciencias (matemáticas, física, química… etc.), lingua galega e castelá, educación física, plástica, biblioteca e fomento da lectura, competencias básicas, e uso educativo das TIC.
Tamén é posible a consulta en liña do catálogo a través da páxina web do CFR.
Tamén é posible a consulta en liña do catálogo a través da páxina web do CFR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario