lunes, 27 de mayo de 2013

ESCOLA PÚBLICA GRACIAS

      En momentos tan complicados como os que estamos a vivir, nos que o ensino público sufre graves recortes e nos esperan, nun horizonte próximo, cambios que poden ameazar os logros acadados despois de tantos anos de esforzo e dificultades por parte de todos: familias, profesorado e alumnado; é necesario reivindicar con afouteza, entusiasmo e ilusión a súa importancia e a necesidade de preservalo e fornecelo para garantir unha verdadeira igualdade de oportunidades para todos sen exclusión de ningunha clase.  

      Por todo iso, e máis, nos tamén damos as gracias ao ensino público.



viernes, 8 de febrero de 2013

LA BUENA EDUCACIÓN

 
O venres un de febreiro de 2013, a psicóloga Mª Jesús Álava presentou o libro "La buena educación", do que é coautora con Susana Aldecoa, nunha conferencia no Club Faro de Vigo.  A continuación poño os enlaces do periódico coa noticia sobre este acto.

* Presentación do libro no club Faro de Vigo

 No seguiente enlace da WEB "La esfera de los libros" temos unha reseña sobre o libro e diversa información complementaria sobre o tema:


jueves, 16 de febrero de 2012

CFR Vigo - Fondos Biblioteca Especializada


O CFR de Vigo conta cunha biblioteca especializada en educación ao servizo de todo o profesorado do ámbito. Comunican aos centros que nestes momentos están a reorganizar os fondos clasificándoos por contidos para facilitar o acceso aos mesmos aos usuarios da biblioteca. Están xa clasificados e, polo tanto, é posible a consulta directa dos fondos de ciencias (matemáticas, física, química… etc.), lingua galega e castelá, educación física, plástica, biblioteca e fomento da lectura, competencias básicas, e uso educativo das TIC.

Tamén é posible a consulta en liña do catálogo a través da páxina web do CFR.


miércoles, 9 de noviembre de 2011

LA MANERA DISRUPTIVA DE APRENDER - REDES

REDES - PROGRAMA nº 102 dirixido por Eduardo Punset emitido o 3 de xullo de 2011.

No sector da industria, innovar supón mellorar continuamente os produtos con respecto a súas versións anteriores. Neste progreso gradual, as veces xurde unha innovación radical que racha co pardigma anterior. Trátase dunha innovación disruptiva, algo que obriga á industria a cambiar os seus esquemas e a adaptarse para non morrer. Curtis Johnson, consultor educativo, explícalle a Punset que a educación está vivindo un proceso de innovación disruptiva que, co apoio das plataformas dixitais, revolucionará a maneira de aprender nas aulas.



Neste enlace podes ver o vídeo directamente en youtube:

LA REVOLUCIÓN EDUCATIVA - REDES

REDES - PROGRAMA nº 64 dirixido por Eduardo Punset emitido o 20 de xuño de 2010.

Neste programa se pregunta se hoxe é máis difícil a convivencia nas aulas, se están preparados os mestres para acompañar ao neno ata a súa adolescencia cunha educación que englobe emocións e intelixencia social. As necesidades dun adulto para vivir en sociedade non son as mesmas que hai 50 anos.



Neste enlace tes acceso directo ao vídeo en youtube

martes, 8 de noviembre de 2011

EL SISTEMA EDUCATIVO ES ANACRÓNICO - REDES

REDES - PROGRAMA nº 87 dirixido por Eduardo Punset emitido o 21 de agosto de 2011

Nos últimos 50 anos as esferas económica, cultural e persoal deron un cambio radical no mundo enteiro. E sen embargo, os sistemas educativos no moveron un chisco os seus programas e os seus obxectivos. Neste programa Punset entrevista a Ken Robinson, líder en educación e creatividade.



Tamén podes velo directamente no seguinte enlace de youtube: