miércoles, 9 de noviembre de 2011

LA MANERA DISRUPTIVA DE APRENDER - REDES

REDES - PROGRAMA nº 102 dirixido por Eduardo Punset emitido o 3 de xullo de 2011.

No sector da industria, innovar supón mellorar continuamente os produtos con respecto a súas versións anteriores. Neste progreso gradual, as veces xurde unha innovación radical que racha co pardigma anterior. Trátase dunha innovación disruptiva, algo que obriga á industria a cambiar os seus esquemas e a adaptarse para non morrer. Curtis Johnson, consultor educativo, explícalle a Punset que a educación está vivindo un proceso de innovación disruptiva que, co apoio das plataformas dixitais, revolucionará a maneira de aprender nas aulas.



Neste enlace podes ver o vídeo directamente en youtube:

LA REVOLUCIÓN EDUCATIVA - REDES

REDES - PROGRAMA nº 64 dirixido por Eduardo Punset emitido o 20 de xuño de 2010.

Neste programa se pregunta se hoxe é máis difícil a convivencia nas aulas, se están preparados os mestres para acompañar ao neno ata a súa adolescencia cunha educación que englobe emocións e intelixencia social. As necesidades dun adulto para vivir en sociedade non son as mesmas que hai 50 anos.



Neste enlace tes acceso directo ao vídeo en youtube

martes, 8 de noviembre de 2011

EL SISTEMA EDUCATIVO ES ANACRÓNICO - REDES

REDES - PROGRAMA nº 87 dirixido por Eduardo Punset emitido o 21 de agosto de 2011

Nos últimos 50 anos as esferas económica, cultural e persoal deron un cambio radical no mundo enteiro. E sen embargo, os sistemas educativos no moveron un chisco os seus programas e os seus obxectivos. Neste programa Punset entrevista a Ken Robinson, líder en educación e creatividade.



Tamén podes velo directamente no seguinte enlace de youtube:

sábado, 5 de noviembre de 2011

BIBLIOTECA DO PROFESORADO

Na sala de profesorado xa esta instalada a pequena (de momento) biblioteca específica para o noso uso. Esperamos que sexa de utilidade e contamos coas suxerencias ou peticións que nos trasladedes.




En próximas datas publicaremos no blog o listado completo coa bibliografía seleccionada.

CLUB DE LECTURA

Neste curso, desde a área de dinamización da convivencia coordinada por Mª Lourdes García Vázquez e orientación, propoñemos desenvolver unha iniciativa que se concreta na creación dun club de lecturas pedagóxicas para o profesorado. Esta proposta intenta fomentar a reflexión sobre a práctica docente e proporcionar un espazo e un tempo para compartir o pracer pola lectura e intercambiar puntos de vista sobre a nosa profesión.

Ademais ponse a disposición de todos e todas na sala de profesorado un recuncho -a biblioteca do profesorado- con libros e material bibliográfico seleccionado.

Trátase de ler un ensaio, unha novela ou ver unha película e comentar o impacto que nos provoca, reflexións e sentimentos, e o que pode aportar a nosa actividade docente. Na práctica diaria tendemos a traballar de forma illada, a comunicarnos menos e este club quere ser unha oportunidade para fomentar o traballo colaborativo e para dotarnos dun espazo de encontro.

Neste momento algúns dos profesores e profesoras interesados en formar parte desta experiencia estamos apuntados no curso de formación de profesorado, coordinado polo noso compañeiro Xurxo Domonte Pereiro, que se está a desenvolver no centro sobre pedagoxía sistémica. Dentro das actividades previstas está programada a lectura dun libro sobre a temática concreta do curso. Así que esperaremos a volta do Nadal para propoñer a primeira lectura aberta a todo o profesorado que queira participar nesta experiencia.